lunes, 26 de octubre de 2009


Un exoplaneta

Un exoplaneta é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. A 25 de febreiro do 2009 están listados 342 exoplanetas na Enciclopedia de Planetas Extrasolares. A meirande parte deles detectados a traves da observación das velocidades radiais e doutros métodos indirectos. A meirande parte destes decubrimentos son de xigantes gasosos, do tipo Xupiter, pero esto sobre todo é debido ás limitacións tegnoloxicas. Proxeción recentes baseadas en traballos de detección para corpos mais livianos, dan coma resultados que se poderían atopar moitísimos planetas do tipo "terrestre" (planetas de tipo rochoso, para ser máis exactos), un número moito maior có número de planetas do tipo Xúpiter.

Aínda que a existencia dos planetas extrasolares foi suposta hai tempo, non foi descuberto ningún planeta orbitando estrelas ata os 90. Non obstante, dende o comezo da década actual, unhas dúas ducias son descubertos cada ano, o que mantén viva a cuestión de se poderían albergar vida extraterrestre.